VIII Premio ao mellor TFG aplicado da FIC

Premiamos aos mellores traballos fin de grao aplicados do curso 2021/22
#ptfgFIC #talentoFIC

O premio


Co propósito de premiar os mellores traballos, a Facultade de Informática convoca o oitavo premio ao mellor traballo fin de grao defendido no curso 2021/22.

  • Patrocinan - Aldaba, Sngular-CoruNet e NTTData
  • Colaboran - CITIC e FUAC
  • Destinatarios - Estudantes con cualificación de Matrícula de Honra
  • Premios - 1.500€ para o gañador/a e dous accésit de 500€
  • Resolución - 19 de abril de 2023 ás 13.00h

Sen eles non sería posible:


Bótannos unha man:


Premiados


Jurado y finalistas


De esquerda a dereita, Adriana Dapena (Vicedecana de Relacións Institucionais), Enrique Fernández (Aldaba), Virginia Mato (Directora Cátedra Aldaba-WIB),
Marianne Blanco (NTTData), Luis Hervella (Director Cátedra NTTData), Gabriel Fernández, Rubén Somoza, Pablo Mariño,
Rubén Sánchez (Corunet), Laura Castro (Directora Cátedra CICAS), Mariano Cabrero (Decano)

Sala de prensa


  • Un dispositivo para monitorizar marcadores de calidade ambiental, premio ao mellor traballo de fin de grao na UDC
    Pablo Mariño recibiu o primeiro galardón e Gabriel Fernández e Rubén Somoza dous accésit polos seus estudos, todos eles dirixidos por investigadores do CITIC - GCiencia 20/04/2023
  • Un dispositivo para monitorizar marcadores de calidade ambiental, Mellor Traballo Fin de Grao Aplicado da Facultade de Informática da Universidade da Coruña
    Un sistema de posicionamento do móbil por son, a validación de títulos aplicando redes blockchain e o desenvolmento dun dispositivo para detectar resultados anómalos en tempo real de diferentes marcadores ambientais foron os temas que centraron os traballos gañadores, seleccionados entre 14 propostas que recibiron matrícula de honra o pasado curso - UDC Comnicación 20/04/2023
  • A FIC da UDC distingue un innovador dispositivo para monitorizar marcadores de calidade ambiental.
    Trátase de Pablo Mariño Boga, que recibiu a dita distinción nun acto celebrado este mércores 19 de abril na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. O de Mariño Boga foi un dos tres traballos seleccionados entre os 14 presentados que obtiveron a cualificación de matrícula de honra no curso 2021-2022.. - Revista Código Cero 20/04/2023